Onte, O Segrel do Penedo foi invitado a Radio Fusión, a nosa Radio Local, para falar das Bibliotecas Escolares Galegas.
Durante 25 minutos falamos de bibliotecas escolares, das súas necesidades, dos magníficos profesionais que están ao seu fronte, de lectura, do papel das familias na creación do hábito lector, dos clubs de lectura, da Hora de Ler, das Mochilas Viaxeiras, do Plambe, de Agabel... en fin, de todos os temas que nos preocupan.
Aquí vos deixamos a "proba" do noso paso pola "outra" Radio!!
"O Segrel en Radio Fusión" (1)
"O Segrel en Radio Fusión" (2)Durante 25 minutos falamos de bibliotecas escolares, das súas necesidades, dos magníficos profesionais que están ao seu fronte, de lectura, do papel das familias na creación do hábito lector, dos clubs de lectura, da Hora de Ler, das Mochilas Viaxeiras, do Plambe, de Agabel... en fin, de todos os temas que nos preocupan.
Aquí vos deixamos a "proba" do noso paso pola "outra" Radio!!
"O Segrel en Radio Fusión" (1)
Dende aquí, agradecer a Almudena Marcos o ambiente tan agradable que creou durante a entrevista o que fixo que dende o primeiro minuto esquecéramos ese micrófono que tanto nos impón!!
Grazas tamén a Xabier Fernández, o técnico de son, que nos fixo chegar a grabación completa do programa.
Grazas tamén a Xabier Fernández, o técnico de son, que nos fixo chegar a grabación completa do programa.