2/12/10

Domingo Villar: "A Praia dos Afogados"

Nesta ocasión, chega á nosa radio escolar, a través de RadioFusión de Fene, a nosa radio local, e como xa ven sendo habitual, a entrevista que o pasado mes de maio lle realizou Almudena Marcos a Domingo Villar o autor de "Ollos de Auga" e "A praia dos afogados".

18/10/10

Mercedes Castro: "Mantis"

Mercedes Castro, escritora ferrolana, autora de "Y punto", é entrevistada por Almudena Marcos en Radiofusión Fene con motivo da presentación da súa segunda novela, "Mantis"

23/5/10

As Pandeireteiras de Vide






A través da Canle de You Tube O Segrel, hoxe podemos traer a Radio Barullo unha pequena mostra de como rematou a nosa Xornada Gastronómico-Plambeira en Vide o pasado sábado.


Podedes disfrutar coa música e as cancións das "Pandeireteiras de Vide" que deixaron todas as súas tarefas, que non eran poucas -colgar as pancartas para o Serán do día 30, ir ao regho, prepararse para a actuación desa mesma noite...- por pasar con nós unha tarde que non esqueceremos e esperamos repetila na carballeira o ano que ven....

Grazas a todas, foi un verdadeiro placer compartir música e cancións con vós !!

Tedes toda a reportaxe da xornada en O Segrel

16/5/10

Festival "Mocidade coa Lingua"

Catro representantes de "Os Fenénticos" e "Arredemo", os dous grupos do IES de Fene que actuaron o venres pasado no Festival "A Mocidade coa Lingua", falan en A Fenestra de RadioFusión, sobre o festival, a súa traxectoria e as súas ilusións.

Parabéns aos dous grupos e moita sorte na vosa carreira musical!!

Festival Mocidade ...

15/5/10

Letras Galegas: "Poemas á Rúa"

Unha das actividades desenvolvidas con motivo do Día das Letras Galegas consistiu en compartir un momento de lectura dos poemas de Novoneyra cos amigos e veciños de Fene, acompañados por Serafín e o seu acordeón e coa magnífica voz de Samantha, a pesar da alerxia que ese día fixo acto de presencia xunto coa choiva, pero que non desmereceron en absoluto o acto festivo e emotivo.



Agradecer dende Radio Barullo a colaboración da Concellería de Cultura que sempre está aí para apoiar cantas propostas lles facemos. Grazas Iolanda!!

4/5/10

"Máis de Noventa Outonos"

Entrevista realizada en A Fenestra de RadioFusión a Ana Armenteros alumna de 3º de ESO, autora do poema "Máis de noventa outonos" co que ven de gañar o Concurso de Poesía convocado polo Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Lingüística.


CONCURSO_POESIA_IE...

27/4/10

Celebrando o noso Terceiro Aniversario!!

O pasado venres, 23 de abril, celebramos o noso terceiro aniversario dende A Fenestra de Radiofusión.
E claro, falamos das actividades que estabamos a desenvolver nunha data tan especial como é o Día do Libro. Falamos de novas tecnoloxías, xa que con motivo do noso terceiro ano na blogosfera vimos de crear o noso perfil en Facebook, da Maratón de Lectura entre o alumnado de ESO, e por suposto de Para que les?. Pedíronnos que lles léramos algunhas das máis de 200 respostas recibidas e aquí tedes cales foron as elixidas e os motivos que nos levaron a facelo...
Get this widget Track details eSnips Social DNA

Grazas a tod@s as persoas que, de calquera xeito, fixeron posible que esta fermosa iniciativa tivera tantísima repercusión.

7/4/10

Para Que Les? en "A Fenestra"

Hoxe, presentamos no Magazine local de Radiofusión de Fene, A Fenestra, a iniciativa Para Que Les? con motivo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril.




O noso agradecemento a Almudena e Xavi, presentadora e técnico de A Fenestra, pola súa amabilidade e por estar sempre dispostos a dar voz a todas as actividades que se levan a cabo dende a nosa Biblioteca Escolar.