15/5/18

Entrevista ao Fotoxornalista Antonio Pampliega

Entrevista ao fotoxornalista Antonio Pampliega (Madrid 1982) durante a súa visita ao IES de Fene.

"O outro lado do muro" por Pitusa Arias (Fene Radiofusión)


22/2/18

"Waterbot" Campeón da First Lego League Galicia

Alumnado de 2º e 3ºESO, gañador da cuarta edición do concurso de robótica e ciencia First Lego League Galicia xunto aos seus profes Begoña e Manuel, contan en Radio Fene a súa experiencia.


Os nosos parabéns. Vémonos en Logroño na First Lego League España!!

11/1/18

Os Clubs de Lectura O Segrel en RadioFusión (4)


O Club de lectura O Segrel de pais e nais en Radiofusión para falar da novela de Xabier Quiroga "Izan o da saca" gañadora da XXII edición do Premio San Clemente.

Acompañáronnos, nesta nova experiencia lectora, Ánxeles Durán e Manuel Polo.

6/4/17

Os Clubs de Lectura O Segrel en Radiofusión (3)

 
O Club de Lectura do Segrel de país e nais en Radiofusión para falar da novela de Xabier Quiroga "Zapatillas rotas". Obra pola que ven de recibir o Premio Nacional da Crítica.
Acompañáronnos, nesta fantástica experiencia lectora, Ana Santiago e Ánxeles Durán.

26/1/17

Os Clubs de Lectura O Segrel en Radiofusión (2)


Os Clubs de Lectura do Segrel en Radiofusión Fene para falar da novela de Ledicia Costas "O corazón de Xúpiter".
Esta experiencia  de reunirse en RadioFene para falar de libros e lectura está a resultar ben gratificante para todos os asistentes. Nesta ocasión foron Aarón e Pablo, membros do Club de alumnado de 2ºESO, e Ana e Mariola, membros do club de país e nais do Segrel.


22/12/16

Os Clubs de lectura O Segrel en Radiofusión (1)

Os Clubs de Lectura do Segrel, representados por Mario do Club de alumnado de 4ºESO, e Ángeles e Manuel do club de país e nais, en Radiofusión Fene para falar dun dos grandes das nosas letras "Agustín Fernández Paz" e o seu "Cartas de Inverno".

19/5/15

Entrevista a Francisco Pérez Porto

Entrevista realizada por Sabela e Lorena, alumnas de 1ºESO, a Francisco Pérez Porto, recoñecido ceramista e fillo de Xosémaría Pérez Parallé, "O Segrel do Penedo", realizada durante o "Roteiro  Pérez Parallé".

26/2/15

David Rubín no Segrel


Despois do extraordinario Encontro con David Rubín, chegou o momento das sinaturas, que non foron poucas... Velaí tedes o noso "Heroe" en menos de tres minutos. Xenial!!

24/2/15

Día de Rosalía "Negra Sombra"


Video realizado polo alumnado de 4ºESO con motivo da celebración do Día de Rosalía.
Montaxe: Miriam Martínez e Javier Fernández
Música: "Negra Sombra" Luz Casal e Carlos Núñez
Imaxes: Do arquivo de "Photo for Class"

27/2/14

"Adios ríos, Adios fontes" - Poema musicado


Julián Rico Saavedra, alumno de 1ºESO, canta a capela o poema "Adios ríos, adios fontes" na celebración do Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro.

"Neste poema, quen fala é un emigrante que está a piques de embarcar para América e se despide con tristeza da súa terra. Unha situación que sufriron moitos galegos na segunda metade do século XIX"

26/2/14

Paula Carballeira na Radio Galega

Paula Carballeira é entrevistada na Radio Galega (Minuto 15.38). Nesa entrevista participan Sabela Vázquez Fandiño, membro do grupo da biblioteca do Segrel e mestra de Paula no CEIP O Ramo, e Pitusa Arias, presentadora de Radiofusión e membro do noso Club de lectura de pais e nais.
Unha entrevista onde Paula deixa moi clara a influencia na Paula nena da súa mestra Sabela, da vida cultural que nalquel entonces se respiraba en Fene, da labor da radio... Un verdadeiro pracer escoitala!!

23/4/13

6º Aniversario na Blogosfera


Cumplidos xa 6 anos dende aquel 23 de Abril de 2007, data na que entramos na blogosfera, velaí tedes, en pouco máis de catro minutos, o que andivemos a argallar estes anos no Segrel.

Grazas a tod@s os que o estades a facer posible!!

30/1/12

Conocernos para Querernos


"101 imaxes, 101 abrazos para conocernos, para aprender a querernos"

Fermoso, non si?

Con estas 101 imaxes achegámonos aos campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf e coñecemos esa fermosa iniciativa, ese soño feito realidade do Bubisher, ese autobús que leva libros, lecturas, maxía e ilusión aos nenos e nenas de Smara aos que dende comezos de curso nos une un marabilloso proxecto "Coñecernos para querernos".

15/1/12

A Biblioteca Escolar, Un Centro de Recursos

Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia, fala do papel da Biblioteca Escolar como centro de recursos para a lectura, a información e o coñecemento.

12/11/11

BET 2011: Pista Cuatro

27_Pista Catro from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Aportacións Provisionais do Congreso

26_Lectura del documento de aportaciones del Congreso. Acto de clausura from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Michèle Petit

"Leer y hacer uso de la Biblioteca Escolar y eso, para qué sirve hoy en día"

25_Leer y hacer uso de una biblioteca escolar y eso, para qué sirve hoy en día Michèle Petit from bet2011 on Vimeo.