26/10/09

Carlos Blanco nos Encontros de Bibes

Carlos Blanco fainos a súa particular lectura de distintos tipos de textos durante a clausura das Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia o pasado 24 de outubro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.



Unha fantástica clausura para unhas Xornadas inmellorables.

7/6/09

Entrevista a Ana Gavalda

Entrevista (en francés) a Ana Gavalda a autora, entre outros títulos, de "El Consuelo" o último libro que estamos a ler no Club de Lectura O Segrel de pais, nais e profes.

Anna Gavalda et Fred Vargas en tête à tête sur RTL


8/5/09

Os "Sacapenas para Gaza" nos Medios

O pasado martes, alumnado e profesorado do IES de Fene acudimos á Casa do Concello para facer a presentación aos medios da Iniciativa Sacapenas para Gaza. Onte publicamos un artigo en O Segrel do Penedo contándovos o que alí aconteceu e hoxe traémosvos a gravación do que lles contamos.

Presentación da Iniciativa.


Roberto Rodríguez e Laura López cóntannos a súa experiencia.


Iván Puentes, o noso alcalde, alaba este tipo de iniciativas.


Agradecemento e despedida.

23/4/09

Celebramos o Noso 1º Ano na Blogosfera

Hoxe, e con motivo da celebración do noso primeiro ano na blogosfera, Radio Barullo quere presentarvos unha entrevista realizada por Brenda Anidos, alumna de 4º de ESO, a Tomi e Mariano fundadores de CUAC FM e os encargados de impartir, o pasado mes de marzo, un obradoiro de radio organizado polo Concello de Fene e ao que tiveron ocasión de asistir alumnado e profesorado do noso instituto con gran aproveitamento pola súa parte como agora poderedes comprobar.

Entrevista de Brenda a Tomi e Mariano

A entrevista, realizada como unha das prácticas levadas a cabo o último día do cursiño, é proba das moitas posibilidades que teñen os nosos rapaces e rapazas no mundo da comunicación.

Que se vaian preparando as grandes figuras que os nosos xoves veñen empuxando forte!!

Dende a nosa radio escolar queremos dar as gracias a Paulo Regueiro, antigo alumno do noso centro e hoxe prometedor comentarista de Radio Fusión por facernos chegar este "importante documento sonoro". -Quen sabe o que o futuro nos pode deparar...!!-

7/3/09

Fene Lendo Mulleres

Onte, e como ven sucedendo dende hai xa nove anos o Concello de Fene organizou a marathón “Fene lendo Mulleres” unha actividade na que o alumnado de todos os centros do concello e os veciños participan lendo poemas escritos por mulleres. Un xeito ben fermoso de celebrar o Día Internacional da Muller e no que o alumnado do IES de Fene de todos os niveis educativos, e como xa ven sendo habitual, tamén participou.

Aquí podedes escoitar non só a grabación da lectura dos poemas senón tamén a entrevista que dende Radiofusión lle realizaron a tres das nosas alumnas; Alba Currás, Lucía Paz e Laura López


Máis en O Segrel do Penedo

30/1/09

Conspiración pola PAZ !!

Hoxe, Día da Non-Violencia e a Paz, as bibliotecas escolares galegas unímonos para amosar a nosa repulsa ante tanto horror e tanta barbarie, e o noso xeito de dicir Basta Xa!! e lanzando uns "disparos" moi especiais. Fermosísimos poemas de cores, as cores da interculturalidade, as cores da amizade.

OS "DISPAROS" DENDE "O SEGREL DO PENEDO"
"Soldado" (Celso Emilio Ferreiro)


"Guerra e Paz" (Sofía M. Colaço)



"Belchite" (Miguel Labordeta)


"Think of Others" (Mahmoud Darwish)


"Als die Nazis..." (M. Niemöler)


"Txoria Txori" (Miker Laboa)


"Txoria Txori" (Miker Laboa)


"Podries..." (Joana Raspall)
Albert, Mariona, Clara, Núnia P., Núria S., Áurea, Sara, Laia, Rkia y Eloy

Pero nesta conspiración non estamos sos, xunto a nós están o blog Tres Tizas do IES Emilio Campuzano de Bilbao, a Biblioteca do CEIP Sant Jordi de Lleida e por suposto as Bibliotecas Escolares Galegas do Plambe.