Entrevista (en francés) a Ana Gavalda a autora, entre outros títulos, de "El Consuelo" o último libro que estamos a ler no Club de Lectura O Segrel de pais, nais e profes.
Anna Gavalda et Fred Vargas en tête à tête sur RTL
O pasado martes, alumnado e profesorado do IES de Fene acudimos á Casa do Concello para facer a presentación aos medios da Iniciativa Sacapenas para Gaza. Onte publicamos un artigo en O Segrel do Penedo contándovos o que alí aconteceu e hoxe traémosvos a gravación do que lles contamos.
Presentación da Iniciativa.
Roberto Rodríguez e Laura López cóntannos a súa experiencia.
Iván Puentes, o noso alcalde, alaba este tipo de iniciativas.
Hoxe, e con motivo da celebración do noso primeiro ano na blogosfera, Radio Barullo quere presentarvos unha entrevista realizada por Brenda Anidos, alumna de 4º de ESO, a Tomi e Mariano fundadores de CUAC FM e os encargados de impartir, o pasado mes de marzo, un obradoiro de radioorganizado polo Concello de Fenee ao que tiveron ocasión de asistir alumnado e profesorado do noso instituto con gran aproveitamento pola súa parte como agora poderedes comprobar.
Entrevista de Brenda a Tomi e Mariano
A entrevista, realizada como unha das prácticas levadas a cabo o último día do cursiño, é proba das moitas posibilidades que teñen os nosos rapaces e rapazas no mundo da comunicación.
Que se vaian preparando as grandes figuras que os nosos xoves veñen empuxando forte!!
Dende a nosa radio escolar queremos dar as gracias a Paulo Regueiro, antigo alumno do noso centro e hoxe prometedor comentarista de Radio Fusiónpor facernos chegar este "importante documento sonoro". -Quen sabe o que o futuro nos pode deparar...!!-
Onte, e como ven sucedendo dende hai xa nove anos o Concello de Fene organizou a marathón “Fene lendo Mulleres” unha actividade na que o alumnado de todos os centros do concello e os veciños participan lendo poemas escritos por mulleres. Un xeito ben fermoso de celebrar o Día Internacional da Muller e no que o alumnado do IES de Fene de todos os niveis educativos, e como xa ven sendo habitual, tamén participou.
Aquí podedes escoitar non só a grabación da lectura dos poemas senón tamén a entrevista que dende Radiofusión lle realizaron a tres das nosas alumnas; Alba Currás, Lucía Paz e Laura López