16/12/08

Antón Castro en Radio Barullo

O pasado día 2, alumnado de 1º e 2º de ESO, de Adultos, pais, nais e profesorado, disfrutamos da visita de Antón Castro ao noso instituto para traballar en dous obradoiros sobre tradición oral.

Unha cociña chea de "artistas", un hilarante teatro de títeres, un cantar de cego terrorífico, un moneco con moito ritmo e música, moita música, foi a proposta que un fantástico Antón Castro nos achegou a "O Segrel"

E para que vós tamén podades disfrutar de tanta arte e tan bo facer, convídovos a que non dexeides de ver esta pequena mostra do que aconteceu na nosa Biblioteca Escolar.

TEATRO DE TÍTERES

A ZANFONA

CANTAR DE CEGO


Dende aquí agradecer a Begoña de Blogfesquío de Neda, a Pilar do CEIP Manuel Masdías de Ferrol e a Maribel do CEIP Os Casais de Fene por ternos acompañado nesa xornada, e coa que estaba caendo!!

Foi un xeito ben divertido de seguir a compartir experiencias.

3/12/08

Música e Poesía Contra a Violencia de Xénero

Actividade realizada durante a xornada do 25 de novembro, "Día Contra a Violencia de Xénero"

Alumnado de 1º e 2º de ESO, acompañados por Tamara Santamariña de 1º de Bacharelato, leron poemas de Medos Romero, Carlos Solla, Kiko Neves... entre outros.

27/11/08

"O Segrel do Penedo" en Radio Fusión

Onte, O Segrel do Penedo foi invitado a Radio Fusión, a nosa Radio Local, para falar das Bibliotecas Escolares Galegas.

Durante 25 minutos falamos de bibliotecas escolares, das súas necesidades, dos magníficos profesionais que están ao seu fronte, de lectura, do papel das familias na creación do hábito lector, dos clubs de lectura, da Hora de Ler, das Mochilas Viaxeiras, do Plambe, de Agabel... en fin, de todos os temas que nos preocupan.

Aquí vos deixamos a "proba" do noso paso pola "outra" Radio!!

"O Segrel en Radio Fusión" (1)



"O Segrel en Radio Fusión" (2)


Dende aquí, agradecer a Almudena Marcos o ambiente tan agradable que creou durante a entrevista o que fixo que dende o primeiro minuto esquecéramos ese micrófono que tanto nos impón!!

Grazas tamén a Xabier Fernández, o técnico de son, que nos fixo chegar a grabación completa do programa.

15/11/08

Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira no Canal You Tube de Radio Barullo

Na Semana da Literatura de Tradición Oral, "O Segrel do Penedo" organizou dous obradoiros sobre as Regueifas que foron impartidos polos fantásticos Regueifeiros Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira. Os obradoiros estaban dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de Adultos así como a profesorado e pais e nais do Club de Lectura .

Foi unha xornada moi divertida na que estes dous fantásticos regueifeiros nos achegaron a este mundo tan descoñecido da tradición oral, o mundo das Regueifas.
Aquí tedes unha pequena mostra do que alí aconteceu, que o disfrutedes!!

22/10/08

AS "CONCLUSIÓNS" DE OHIULARI CLAWN !!!

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia e Radio Barullo faise eco dunhas hilarantes "conclusións" feitas por unha extraordinaria "mestra": OHIULARI CLAWN

Dende a nosa Radio escolar só podemos dicir "CHAPEAU!", ás organizadoras. Nunca unhas conclusións mantiveron a tanta xente pegada ao seu asiento.

Ah, perdoade a "calidade" dos videos, pero a distancia ata o escenario era considerable e as gargalladas é o que teñen, que non hai quen manteña fixa a cámara...

Pero a pesar de todo, estes videos merecen a pena, nonsi?

OHIULARI CLAWN

KAFKA E A MONECA...

DE MESTRES, TRANSVERSALIDADA E CURRÍCULUM...

19/6/08

Fran Alonso e "Cartas de Amor"

Fran Alonso visita a Biblioteca Escolar "O Segrel do Penedo" para celebrar un encontro cos clubs de lectura, o do alumnado e o dos pais, nais e profesorado; na que sería a súa última sesión deste curso. Fantástica experiencia!!

As nosas experiencias de Lectura Compartida

Membros dos nosos clubs de lectura comentan as súas experiencias de Lectura Compartida. Nai e filla, profe e alumnado... Toda unha experiencia lectora!!

Un dos seus Proxectos de Futuro

Fran Alonso cóntanos un dos seus proxectos de futuro. Escribir unha novela reflexionando como home, desde a perspectiva dunha muller, sobre o papel das mulleres na sociedade actual. Todo un reto!!

13/6/08

II Premio Espiral Edublogs 08

A través de Irene Pelegrí, Vicepresidenta da Asociación Espiral, recibimos a Presentación que fixemos do noso blogue e de todas as Bibliotecas Escolares Galegas no II Premio Espiral Edublog 08 en Barcelona, onde "O Segrel do Penedo" recibiu o 2º premio na categoría de Blogues de Centros.


Para ver o resto das presentacións entrade aquí

31/5/08

Xabier Docampo no Canal Youtube de Radio Barullo

O mércores 28, Xabier Docampo chegou ao IES de Fene e, como nos contou nada máis chegar, non tiña ganiñas ningunhas de vir a Barallobre dende A Coruña, pero cando se marchaba, coido que ese primeiro sentimento mudara completamente.

Comprobou como os rapaces e rapazas se enganchaban coa súa palabra.

Falounos de "O Misterio das Badaladas", dunha das súas "Catro Cartas" e de como foi a súa experiencia aos oito anos lendo "A illa do tesouro".

Parádevos un anaquiño nos vídeos do "Canal Youtube de O Segrel" e disfrutade deste encontro.

Xabier Docampo no IES de Fene



Formato Vía ANB

Eu escribo tamén para lerme...

10/5/08

Agustín Fernández Paz no Canal You Tube de Radio Barullo

Hoxe, e dentro das actividades de celebración das Letras Galegas, inauguramos o Canal You Tube de Radio Barullo.

Polo noso centro pasan moitos e grandes persoeiros dos que non queremos deixar de disfrutar polo feito de que a súa visita só dure un par de horas. Así que decidimos gardar algúns anacos deses momentos dos que queremos facer partícipes a todos os nosos visitantes.

E para comezar, quen mellor que Agustín Fernández Paz.

Que o disfrutedes tanto coma nós!!

"O Chispazo" ou de como nace un libro

De como xurdiu "Aire Negro"

O proceso para escribir unha novela

8/5/08

Xoves Promesas do IES de Fene (II)

Esta semana, e despois de superar algúns problemas "técnicos" saímos novamente á blogosfera cunha entrevista a Antía, alumna de 2º de bacharelato, gran lectora e mellor escritora, e agora tamén compoñente dun dos grupos musicais que se formaron este curso no instituto "Los Matutanos"

Antía, gañandora do noso II Concurso de Relato Curto "Contra a Violencia de Xénero" co relato "As Estacións", cóntanos nesta entrevista como xurdiu a súa paixón pola escritura, a música e a lectura e descúbrenos que o seu escritor favorito é o noso admiradísimo Agustín Fernández Paz que hoxe mesmo estará connosco. A vida está chea de marabillosas coincidencias...

Parabéns Antía por ser como es e dende Radio Barullo desexámosche que todos os teus soños se fagan realidade.


24/4/08

Xoves Promesas do IES de Fene (I)

Entrevista realizada por Roberto Rodríguez Pazos (3º ESO) a Samantha Castro Sedes (2º Bacharelato)

Deixámosvos aquí unha proba da fantástica voz de Samantha

23/4/08

"Radio Barullo" sae á Blogosfera!!

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, e cando se cumple un ano da saída á blogosfera de "O Segrel do Penedo", comezamos unha nova andaina dende "Radio Barullo" a nosa radio escolar.

Saúdos Radiofónicos!!