Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta literatura. Mostrar todas las entradas

31/5/08

Xabier Docampo no Canal Youtube de Radio Barullo

O mércores 28, Xabier Docampo chegou ao IES de Fene e, como nos contou nada máis chegar, non tiña ganiñas ningunhas de vir a Barallobre dende A Coruña, pero cando se marchaba, coido que ese primeiro sentimento mudara completamente.

Comprobou como os rapaces e rapazas se enganchaban coa súa palabra.

Falounos de "O Misterio das Badaladas", dunha das súas "Catro Cartas" e de como foi a súa experiencia aos oito anos lendo "A illa do tesouro".

Parádevos un anaquiño nos vídeos do "Canal Youtube de O Segrel" e disfrutade deste encontro.

Xabier Docampo no IES de Fene



Formato Vía ANB

8/5/08

Xoves Promesas do IES de Fene (II)

Esta semana, e despois de superar algúns problemas "técnicos" saímos novamente á blogosfera cunha entrevista a Antía, alumna de 2º de bacharelato, gran lectora e mellor escritora, e agora tamén compoñente dun dos grupos musicais que se formaron este curso no instituto "Los Matutanos"

Antía, gañandora do noso II Concurso de Relato Curto "Contra a Violencia de Xénero" co relato "As Estacións", cóntanos nesta entrevista como xurdiu a súa paixón pola escritura, a música e a lectura e descúbrenos que o seu escritor favorito é o noso admiradísimo Agustín Fernández Paz que hoxe mesmo estará connosco. A vida está chea de marabillosas coincidencias...

Parabéns Antía por ser como es e dende Radio Barullo desexámosche que todos os teus soños se fagan realidade.