27/2/14

"Adios ríos, Adios fontes" - Poema musicado


Julián Rico Saavedra, alumno de 1ºESO, canta a capela o poema "Adios ríos, adios fontes" na celebración do Día de Rosalía o pasado 24 de febreiro.

"Neste poema, quen fala é un emigrante que está a piques de embarcar para América e se despide con tristeza da súa terra. Unha situación que sufriron moitos galegos na segunda metade do século XIX"

26/2/14

Paula Carballeira na Radio Galega

Paula Carballeira é entrevistada na Radio Galega (Minuto 15.38). Nesa entrevista participan Sabela Vázquez Fandiño, membro do grupo da biblioteca do Segrel e mestra de Paula no CEIP O Ramo, e Pitusa Arias, presentadora de Radiofusión e membro do noso Club de lectura de pais e nais.
Unha entrevista onde Paula deixa moi clara a influencia na Paula nena da súa mestra Sabela, da vida cultural que nalquel entonces se respiraba en Fene, da labor da radio... Un verdadeiro pracer escoitala!!