27/11/08

"O Segrel do Penedo" en Radio Fusión

Onte, O Segrel do Penedo foi invitado a Radio Fusión, a nosa Radio Local, para falar das Bibliotecas Escolares Galegas.

Durante 25 minutos falamos de bibliotecas escolares, das súas necesidades, dos magníficos profesionais que están ao seu fronte, de lectura, do papel das familias na creación do hábito lector, dos clubs de lectura, da Hora de Ler, das Mochilas Viaxeiras, do Plambe, de Agabel... en fin, de todos os temas que nos preocupan.

Aquí vos deixamos a "proba" do noso paso pola "outra" Radio!!

"O Segrel en Radio Fusión" (1)



"O Segrel en Radio Fusión" (2)


Dende aquí, agradecer a Almudena Marcos o ambiente tan agradable que creou durante a entrevista o que fixo que dende o primeiro minuto esquecéramos ese micrófono que tanto nos impón!!

Grazas tamén a Xabier Fernández, o técnico de son, que nos fixo chegar a grabación completa do programa.

15/11/08

Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira no Canal You Tube de Radio Barullo

Na Semana da Literatura de Tradición Oral, "O Segrel do Penedo" organizou dous obradoiros sobre as Regueifas que foron impartidos polos fantásticos Regueifeiros Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira. Os obradoiros estaban dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de Adultos así como a profesorado e pais e nais do Club de Lectura .

Foi unha xornada moi divertida na que estes dous fantásticos regueifeiros nos achegaron a este mundo tan descoñecido da tradición oral, o mundo das Regueifas.
Aquí tedes unha pequena mostra do que alí aconteceu, que o disfrutedes!!