10/11/11

BET 2011: Carlos Usón Villalba

"La biblioteca, lugar de encuentro de diferentes lenguajes"

09_La Biblioteca Lugar de encuentro de diferentes lenguajes_Carlos Usón Villalba from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Olga Rodríguez Díaz

"Nuestra biblioteca, un lugar para aprender"

08_Nuestra Biblioteca un lugar para aprender_Olga Rodriguez Diaz from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Isabel Sumozas Olmo

"Un lugar para crecer... nuestra biblioteca"

07_Un lugar para crecer_Isabel Sumozas Olmo from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Delio Cholo Lolo

"Nuestra biblioteca, un centro de recursos para la lectura, la formación y el aprendizaje"


06_Nuestra Biblioteca un centro de recursos_Delio Chao Lolo from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Gloria Durban e José García Guerrero

"La utilidad de la biblioteca escolar, hoy. Su visualización en las organizaciones escolares del siglo XXI"


05_La utilidad de la biblioteca escolar from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Casildo Macías, Sergio González, José M. Luque e Cristina Novoa

"Servicios de apoyo a la Biblioteca Escolar: Redes, formación, materiales, espacios web... CCAA"

04_Servicios de Apoyo a la Biblioteca Escolar from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Constanza Mekis

"La Biblioteca Escolar se transforma en espacio de aprendizaje. Claves, recorridos y desafíos"

03_Conferencia Inaugural Constanza Mekis from bet2011 on Vimeo.

BET 2011: Discursos de Inauguración - Conselleiro e Ministro de Cultura

01_Inauguración Conselleiro Cultura Jesus Vazquez y Ministro de cultura Angel Gabilondo from bet2011 on Vimeo.

1/10/11

Sáhara "Un soño por cumprir"

Deixámosvos unha serie de documentais para aqueles que teñades interese en saber de onde ven o problema saharauri, para que cheguedes a comprender a situación actual do Sáhara occidental, e a extraordinaria labor que o "Bubisher" está a facer nos campos de refuxiados de Smara. O Bubisher, un paxaro que, segundo unha antiga lenda trae boa sorte... Desexamos que así sexa e que o soño do pobo saharaui axiña sexa unha realidade!!




Este curso, un dos nosos Proxectos Documentais "Coñecernos para querernos" terá que ver con este marabilloso pobo e coas súas xentes.

4/6/11

Homenaxe dos ENDL a Agustín Fernández Paz



Unha homenaxe na que "O Segrel do Penedo" non podía faltar, pola nosa admiración, respecto e agarimo a un dos grandes das nosas letras.

Grazas Agustín, polo teu exemplo!!

1/4/11

Homenaxe a Xoán Farias no Día do LIX

Xabier P. Docampo en "O Segrel" na homenaxe a Xoán Farias no Día do Libro Infantil e Xuvenil 2011


2/12/10

Domingo Villar: "A Praia dos Afogados"

Nesta ocasión, chega á nosa radio escolar, a través de RadioFusión de Fene, a nosa radio local, e como xa ven sendo habitual, a entrevista que o pasado mes de maio lle realizou Almudena Marcos a Domingo Villar o autor de "Ollos de Auga" e "A praia dos afogados".

18/10/10

Mercedes Castro: "Mantis"

Mercedes Castro, escritora ferrolana, autora de "Y punto", é entrevistada por Almudena Marcos en Radiofusión Fene con motivo da presentación da súa segunda novela, "Mantis"

23/5/10

As Pandeireteiras de Vide






A través da Canle de You Tube O Segrel, hoxe podemos traer a Radio Barullo unha pequena mostra de como rematou a nosa Xornada Gastronómico-Plambeira en Vide o pasado sábado.


Podedes disfrutar coa música e as cancións das "Pandeireteiras de Vide" que deixaron todas as súas tarefas, que non eran poucas -colgar as pancartas para o Serán do día 30, ir ao regho, prepararse para a actuación desa mesma noite...- por pasar con nós unha tarde que non esqueceremos e esperamos repetila na carballeira o ano que ven....

Grazas a todas, foi un verdadeiro placer compartir música e cancións con vós !!

Tedes toda a reportaxe da xornada en O Segrel

16/5/10

Festival "Mocidade coa Lingua"

Catro representantes de "Os Fenénticos" e "Arredemo", os dous grupos do IES de Fene que actuaron o venres pasado no Festival "A Mocidade coa Lingua", falan en A Fenestra de RadioFusión, sobre o festival, a súa traxectoria e as súas ilusións.

Parabéns aos dous grupos e moita sorte na vosa carreira musical!!

Festival Mocidade ...

15/5/10

Letras Galegas: "Poemas á Rúa"

Unha das actividades desenvolvidas con motivo do Día das Letras Galegas consistiu en compartir un momento de lectura dos poemas de Novoneyra cos amigos e veciños de Fene, acompañados por Serafín e o seu acordeón e coa magnífica voz de Samantha, a pesar da alerxia que ese día fixo acto de presencia xunto coa choiva, pero que non desmereceron en absoluto o acto festivo e emotivo.



Agradecer dende Radio Barullo a colaboración da Concellería de Cultura que sempre está aí para apoiar cantas propostas lles facemos. Grazas Iolanda!!

4/5/10

"Máis de Noventa Outonos"

Entrevista realizada en A Fenestra de RadioFusión a Ana Armenteros alumna de 3º de ESO, autora do poema "Máis de noventa outonos" co que ven de gañar o Concurso de Poesía convocado polo Departamento de Galego e o Equipo de Normalización Lingüística.


CONCURSO_POESIA_IE...

27/4/10

Celebrando o noso Terceiro Aniversario!!

O pasado venres, 23 de abril, celebramos o noso terceiro aniversario dende A Fenestra de Radiofusión.
E claro, falamos das actividades que estabamos a desenvolver nunha data tan especial como é o Día do Libro. Falamos de novas tecnoloxías, xa que con motivo do noso terceiro ano na blogosfera vimos de crear o noso perfil en Facebook, da Maratón de Lectura entre o alumnado de ESO, e por suposto de Para que les?. Pedíronnos que lles léramos algunhas das máis de 200 respostas recibidas e aquí tedes cales foron as elixidas e os motivos que nos levaron a facelo...
Get this widget Track details eSnips Social DNA

Grazas a tod@s as persoas que, de calquera xeito, fixeron posible que esta fermosa iniciativa tivera tantísima repercusión.

7/4/10

Para Que Les? en "A Fenestra"

Hoxe, presentamos no Magazine local de Radiofusión de Fene, A Fenestra, a iniciativa Para Que Les? con motivo da celebración do Día do Libro o vindeiro 23 de abril.




O noso agradecemento a Almudena e Xavi, presentadora e técnico de A Fenestra, pola súa amabilidade e por estar sempre dispostos a dar voz a todas as actividades que se levan a cabo dende a nosa Biblioteca Escolar.

26/10/09

Carlos Blanco nos Encontros de Bibes

Carlos Blanco fainos a súa particular lectura de distintos tipos de textos durante a clausura das Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia o pasado 24 de outubro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela.



Unha fantástica clausura para unhas Xornadas inmellorables.

7/6/09

Entrevista a Ana Gavalda

Entrevista (en francés) a Ana Gavalda a autora, entre outros títulos, de "El Consuelo" o último libro que estamos a ler no Club de Lectura O Segrel de pais, nais e profes.

Anna Gavalda et Fred Vargas en tête à tête sur RTL


8/5/09

Os "Sacapenas para Gaza" nos Medios

O pasado martes, alumnado e profesorado do IES de Fene acudimos á Casa do Concello para facer a presentación aos medios da Iniciativa Sacapenas para Gaza. Onte publicamos un artigo en O Segrel do Penedo contándovos o que alí aconteceu e hoxe traémosvos a gravación do que lles contamos.

Presentación da Iniciativa.


Roberto Rodríguez e Laura López cóntannos a súa experiencia.


Iván Puentes, o noso alcalde, alaba este tipo de iniciativas.


Agradecemento e despedida.

23/4/09

Celebramos o Noso 1º Ano na Blogosfera

Hoxe, e con motivo da celebración do noso primeiro ano na blogosfera, Radio Barullo quere presentarvos unha entrevista realizada por Brenda Anidos, alumna de 4º de ESO, a Tomi e Mariano fundadores de CUAC FM e os encargados de impartir, o pasado mes de marzo, un obradoiro de radio organizado polo Concello de Fene e ao que tiveron ocasión de asistir alumnado e profesorado do noso instituto con gran aproveitamento pola súa parte como agora poderedes comprobar.

Entrevista de Brenda a Tomi e Mariano

A entrevista, realizada como unha das prácticas levadas a cabo o último día do cursiño, é proba das moitas posibilidades que teñen os nosos rapaces e rapazas no mundo da comunicación.

Que se vaian preparando as grandes figuras que os nosos xoves veñen empuxando forte!!

Dende a nosa radio escolar queremos dar as gracias a Paulo Regueiro, antigo alumno do noso centro e hoxe prometedor comentarista de Radio Fusión por facernos chegar este "importante documento sonoro". -Quen sabe o que o futuro nos pode deparar...!!-