22/10/08

AS "CONCLUSIÓNS" DE OHIULARI CLAWN !!!

O pasado fin de semana celebráronse en Santiago os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia e Radio Barullo faise eco dunhas hilarantes "conclusións" feitas por unha extraordinaria "mestra": OHIULARI CLAWN

Dende a nosa Radio escolar só podemos dicir "CHAPEAU!", ás organizadoras. Nunca unhas conclusións mantiveron a tanta xente pegada ao seu asiento.

Ah, perdoade a "calidade" dos videos, pero a distancia ata o escenario era considerable e as gargalladas é o que teñen, que non hai quen manteña fixa a cámara...

Pero a pesar de todo, estes videos merecen a pena, nonsi?

OHIULARI CLAWN

KAFKA E A MONECA...

DE MESTRES, TRANSVERSALIDADA E CURRÍCULUM...

19/6/08

Fran Alonso e "Cartas de Amor"

Fran Alonso visita a Biblioteca Escolar "O Segrel do Penedo" para celebrar un encontro cos clubs de lectura, o do alumnado e o dos pais, nais e profesorado; na que sería a súa última sesión deste curso. Fantástica experiencia!!

As nosas experiencias de Lectura Compartida

Membros dos nosos clubs de lectura comentan as súas experiencias de Lectura Compartida. Nai e filla, profe e alumnado... Toda unha experiencia lectora!!

Un dos seus Proxectos de Futuro

Fran Alonso cóntanos un dos seus proxectos de futuro. Escribir unha novela reflexionando como home, desde a perspectiva dunha muller, sobre o papel das mulleres na sociedade actual. Todo un reto!!

13/6/08

II Premio Espiral Edublogs 08

A través de Irene Pelegrí, Vicepresidenta da Asociación Espiral, recibimos a Presentación que fixemos do noso blogue e de todas as Bibliotecas Escolares Galegas no II Premio Espiral Edublog 08 en Barcelona, onde "O Segrel do Penedo" recibiu o 2º premio na categoría de Blogues de Centros.


Para ver o resto das presentacións entrade aquí

31/5/08

Xabier Docampo no Canal Youtube de Radio Barullo

O mércores 28, Xabier Docampo chegou ao IES de Fene e, como nos contou nada máis chegar, non tiña ganiñas ningunhas de vir a Barallobre dende A Coruña, pero cando se marchaba, coido que ese primeiro sentimento mudara completamente.

Comprobou como os rapaces e rapazas se enganchaban coa súa palabra.

Falounos de "O Misterio das Badaladas", dunha das súas "Catro Cartas" e de como foi a súa experiencia aos oito anos lendo "A illa do tesouro".

Parádevos un anaquiño nos vídeos do "Canal Youtube de O Segrel" e disfrutade deste encontro.

Xabier Docampo no IES de Fene



Formato Vía ANB

Eu escribo tamén para lerme...

10/5/08

Agustín Fernández Paz no Canal You Tube de Radio Barullo

Hoxe, e dentro das actividades de celebración das Letras Galegas, inauguramos o Canal You Tube de Radio Barullo.

Polo noso centro pasan moitos e grandes persoeiros dos que non queremos deixar de disfrutar polo feito de que a súa visita só dure un par de horas. Así que decidimos gardar algúns anacos deses momentos dos que queremos facer partícipes a todos os nosos visitantes.

E para comezar, quen mellor que Agustín Fernández Paz.

Que o disfrutedes tanto coma nós!!

"O Chispazo" ou de como nace un libro

De como xurdiu "Aire Negro"

O proceso para escribir unha novela

8/5/08

Xoves Promesas do IES de Fene (II)

Esta semana, e despois de superar algúns problemas "técnicos" saímos novamente á blogosfera cunha entrevista a Antía, alumna de 2º de bacharelato, gran lectora e mellor escritora, e agora tamén compoñente dun dos grupos musicais que se formaron este curso no instituto "Los Matutanos"

Antía, gañandora do noso II Concurso de Relato Curto "Contra a Violencia de Xénero" co relato "As Estacións", cóntanos nesta entrevista como xurdiu a súa paixón pola escritura, a música e a lectura e descúbrenos que o seu escritor favorito é o noso admiradísimo Agustín Fernández Paz que hoxe mesmo estará connosco. A vida está chea de marabillosas coincidencias...

Parabéns Antía por ser como es e dende Radio Barullo desexámosche que todos os teus soños se fagan realidade.


24/4/08

Xoves Promesas do IES de Fene (I)

Entrevista realizada por Roberto Rodríguez Pazos (3º ESO) a Samantha Castro Sedes (2º Bacharelato)

Deixámosvos aquí unha proba da fantástica voz de Samantha

23/4/08

"Radio Barullo" sae á Blogosfera!!

Hoxe, 23 de abril, Día do Libro, e cando se cumple un ano da saída á blogosfera de "O Segrel do Penedo", comezamos unha nova andaina dende "Radio Barullo" a nosa radio escolar.

Saúdos Radiofónicos!!