15/11/08

Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira no Canal You Tube de Radio Barullo

Na Semana da Literatura de Tradición Oral, "O Segrel do Penedo" organizou dous obradoiros sobre as Regueifas que foron impartidos polos fantásticos Regueifeiros Benito Lobariñas e Josiño da Teixeira. Os obradoiros estaban dirixidos ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de Adultos así como a profesorado e pais e nais do Club de Lectura .

Foi unha xornada moi divertida na que estes dous fantásticos regueifeiros nos achegaron a este mundo tan descoñecido da tradición oral, o mundo das Regueifas.
Aquí tedes unha pequena mostra do que alí aconteceu, que o disfrutedes!!

1 comentario:

Antonio Martínez dijo...

IMPRESIONANTE experiencia. Agardo que o alumnado o pasara tan ben como unha dobre mestra bibliotecaria que coñezo en Fene que rima con...