27/11/08

"O Segrel do Penedo" en Radio Fusión

Onte, O Segrel do Penedo foi invitado a Radio Fusión, a nosa Radio Local, para falar das Bibliotecas Escolares Galegas.

Durante 25 minutos falamos de bibliotecas escolares, das súas necesidades, dos magníficos profesionais que están ao seu fronte, de lectura, do papel das familias na creación do hábito lector, dos clubs de lectura, da Hora de Ler, das Mochilas Viaxeiras, do Plambe, de Agabel... en fin, de todos os temas que nos preocupan.

Aquí vos deixamos a "proba" do noso paso pola "outra" Radio!!

"O Segrel en Radio Fusión" (1)



"O Segrel en Radio Fusión" (2)


Dende aquí, agradecer a Almudena Marcos o ambiente tan agradable que creou durante a entrevista o que fixo que dende o primeiro minuto esquecéramos ese micrófono que tanto nos impón!!

Grazas tamén a Xabier Fernández, o técnico de son, que nos fixo chegar a grabación completa do programa.

7 comentarios:

Antonio Martínez dijo...

Ti e máis, coñecémonos de algo?
Con que permiso falas de min?
Xantamos algunha vez xuntos?
Perdoareiche porque era a Vicepresidenta de AGABEL.
Quedas designada a miña xefa de prensa.
Bicos e parabéns pola estupenda entrevista.

Beni dijo...

Señora xefa de prensa do presidente: que ben fala vostede e que ben anotou as cousas da ministra. Pero hai unha cousa que non quedou moi clara: Ese Benito, de que instituto era? Viva a oralidade viva.

O Segrel do Penedo dijo...

Meu benquerido: Ti e máis eu coñecémonos, , dende... dende sempre, e co permiso de esa AMIZADE adornada por milleiros de comidas, ceas, risas e moito máis... falo de vostede, porque vostede é o merecidísimo gañador dun fantástico premio nacional que a min, que quere que lle diga, éncheme de orgullo e felicidade.
É o que hai!!!!

Queridísimo Beni, enténdeme, era o principio da entrevista e os nervos xogáronme unha mala pasada... Só me viña á cabeza o Sánchez Cantón, e que cousas, nesta ocasión non estaba Charo, así que costoume un par de segundos recordar o nome do Alexandre Bóveda... Pero deixei claro quen estaba coa Ministra e a Conselleira para "dar fe" do que alí se falou, non si?

Bicos para os dous !!!!

bibliotecadocole dijo...

Pois si que vales para xefa de prensa!.Se ve que o taller da oralidade da moito de si ¿Non o tedes en formato a distancia?. Eu apoio a moción do presi, e tomo nota.
Biquiños

Beatriz González dijo...

Que capacidade de enlazar ideas e falar ¡sen esquecementos! do que facedes na vosa Biblio e no resto de Biblios de Galicia...Moi ben!!!

MESTURAS dijo...

Que voz, que inflexións, que pausas tan significativas, que recursos oratorios tan avasalladores...todo era perfecto ata que...case morro dun ataque de risa cando o lapsus do Alexandre Bóveda, personaxe moito máis interesante que o tal Sánchez Cantón, por certo...que plasta de centro.

Loly dijo...

Isa, Bea e Charo como se nota que sodes amigas... Máis abofé que é moi doado falar da nosa paixón, e contar toda a verdade do que está a acontecer nas nosas Bibes, sen máis.

Charo ti riste, pero eu nese momento quería que me tragase a terra. Que non é o Sánchez Cantón, que non o é... e o Alexandre Bóveda resistíndose... Uffff, vaia dous segundos máis longos!!!

Bicos para as tres, e grazas por estar sempre aí!!!!